Mister Drum

Dentro do ciclo de concertos adicados a memoria de Luis Nieves englóbase este Certamen Mister Drum. É un concurso para bateristas de todo o territorio galego, extensible ata o nacional, organizado pola Asociación Cultural Musical «Luis Nieves» en Monforte de Lemos (Lugo). É un dos poucos certames destas características celebrado en Galicia.

Neste concurso podes mostrar a túa forma personal de entender a batería. Faremos unha breve reseña cos teus datos biográficos para que poidamos coñecerte mellor.

O concurso ten dúas partes: a primeira é unha audición presencial, con todos os participantes, aberta ao público; de ahí sairán 9 finalistas, tres de cada categoría. A segunda parte será cos nove finalistas na Gran Final.

Pode participar calquera baterista amateur sen nengún tipo de distinción; profesores, estudantes… Participar neste concurso pode ser unha boa ocasión de proporcionarche seguridade e motivación.

Para participar tan só tes que encher o formulario de inscrición do concurso e ler ben as bases. A inscrición é gratuita.

O tema a interpretar debe ter unha duración máxima de 6 minutos e sen cortes. Se pasas a selección e chegas á final, entón, deberás interpretar outro tema distinto ao anterior e cunha duración similar máxima de seis minutos. Poderás vir acompañado/a. A entrada é libre e gratuita.

V CONCIERTO – CERTAMEN MISTER DRUM 2023

GALERÍA DE IMÁGENES

Luis Nieves «Mister Drum»
Ariel
David
Isi
Antón
Daniel
Foto de grupo
Sandino
Maeve
Gonzalo
Anxo
Aarón